A xornalista de LA OPINIÓN Ana Ramil resultou gañadora dun dos accésits na XVIII edición do premio Albarelo, que convoca o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña para fomentar a difusión de traballos xornalísticos relacionados coa saúde e, en especial, coa farmacia. Os galardóns foron entregados onte nun acto en Palexco, que contou coa participación do exDefensor do Menor da Comunidade de Madrid Javier Urra.

Ramil conseguiu o galardón cun traballo titulado Farmacéuticos más allá de la botica, publicado neste xornal o 27 de agosto de 2017, e no que catro titulados en Farmacia que traballan na Coruña explicaban as múltiples facetas da súa profesión. O premio Albarelo foi para a xornalista de Onda Cero Ángeles San Luís, e o outro accésit para Uxía Rodríguez, de La Voz de Galicia.