No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o espazo Zigzag contará coa presenza da escritora Ledicia Costas, Premio Nacional desta modalidade literaria en 2015, para falar dunha data en que, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, se pretende promover a lectura entre os máis novos. Tamén estará este luns no estudio de gravación Sonia Méndez, directora do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que esta semana celebrará a súa quinta edición. Conversas, concertos, encontros e estreas irán en paralelo á competición oficial de webseries.