Ao actor Michael Fassbender encantaríalle que Magneto, o superhéroe ao que dá vida na saga X-Men, "puidera axudar" ao colectivo homosexual e a combatir a homofobia. O intérprete alemán-irlandés convértese unha vez máis no mutante de Marvel na cinta X-Men: Apocalipsis, que esta semana chega ás grandes pantallas.