A pegada dos artistas coruñeses na Colección de Arte do Parlamento

‘Paisaxe metafísico’, de Urbano Lugrís González, da colección de arte do Parlamento. / LOC
O Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia, alberga unha valiosa colección de arte composta por máis de 300 pezas de artistas galegos, un patrimonio de todo o pobo galego que xorde como resultado da sensibilidade artística do Lexislativo galego dende 1981.
Esta colección non só é unha herdanza cultural, senón tamén unha maneira de seguir apostando por promocionar a creación e produción artística que se realiza en Galicia. Dela forman parte unha ampla representación de artistas vinculados á cidade e á provincia da Coruña entre os que se atopan algúns dos máis recoñecidos non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional.
Desde varios debuxos e láminas de Castelao, ata o coñecido óleo de Peteiro que xa se converteu na imaxe artística máis recoñecida do edificio da Cámara, varias obras de Quintana Martelo, os lenzos de Ovidio Murguía de Castro, fillo da nosa poetisa máis universal, Rosalía de Castro, ou a colección de medallas baseadas en caricaturas creada por Siro López, son algunhas da senlleiras produccións artísticas de mans coruñesas que acolle a Colección de Arte da Cámara Autonómica e que corresponden a trinta e oito artistas coruñeses.
Forman parte ademais desta Colección obras de Roberto González del Blanco, Antonio Lago Rivera, Francisco Llorens Díaz, José López Bouza, Juan Luis López García, Víctor López-Rúa, Xaime Lorenzo Cabanas, Víctor Mejuto Seoane, Noemi Otamendi Corrales, Cándido Pazos López, Soledad Penalta Lorenzo, Aurora Pereira Carballo, Pamen Pereira, Alfonso Abelenda Escudero, Javier Correa Corredoira, Alonso Costa Beiro, Miguel Couto Cotelo, Mario Feal Romero, José Fernández Sánchez, Antonio García Patiño, Paco Pixiñas, Fernando José Prieto López, Ricardo Segura Torrella, Jesús Sánchez Gallego, Antonio Ramón Tenreiro Brochón, César Taboada Varela, Xosé Vázquez Castro, Xan Vieito Fuentes, Vari Caramés, Manuel Vilariño, Xurxo Lobato, e Felipe Criado Martín.
Desde 2018, colabora coa Academia de Belas Artes para a súa conservación
As pezas da colección están expostas tanto no interior coma no exterior do Pazo do Hórreo e pódense ver no xardín botánico, hemiciclo, salas de comisión ou nos corredores. A extensa colección de arte do Parlamento está conformada por obras pictóricas, escultóricas e fotográficas. Tamén se inclúen carteis, fondos documentais (coma a acta da sesión constitutiva da Asamblea Parlamentaria de Galicia), os retratos presidenciais, as vidreiras (de Laxeiro e de Isaac Díaz Pardo), as medallas baseadas en caricaturas das personalidades homenaxeadas no día das Letras Galegas dende 1963 (creadas por Siro López Lorenzo e modeladas e producidas por Manuel Ferrerio Badía) e por último, os tapices que representan, na súa gran maioría, escudos heráldicos.
Desde 2018 o Parlamento conta coa colaboración da Real Academia Galega de Belas Artes para a conservación, protección, difusión e asesoramento da súa Colección de Arte.
O Parlamento é unha institución pública firmemente comprometida coa promoción e difusión da cultura galega e así o demostra levando a cabo iniciativas como o programa Coñece o Parlamento, no que se realizan visitas guiadas para grupos e xornadas de portas abertas para particulares ou grupos, para así achegar a toda a cidadanía as funcións e o labor diario que realizan os deputados e deputadas e, ao mesmo tempo, dar a coñecer e poñer en valor as obras de arte contemporáneas.
A Nosa Arte é outra iniciativa do Parlamento coa que se puxo a dispor da cidadanía unha escolma do seu fondo artístico. Trátase dunha mostra itinerante integrada en exclusiva por pezas da colección da Cámara que percorreu con gran éxito as grandes cidades galegas.
Nesta mesma liña, a exposición 40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro, que mostra 230 dos debuxos que durante anos plasmou a actualidade política de Galicia e doados ao Parlamento, percorre as grandes ciudades para achegar a todos os galegos e galegas o talento creativo e a vixencia da arte galega.
- La apertura de la pasarela con acceso para coches sobre la intermodal de A Coruña está prevista para 2030
- El baile de Os Mallos es «la mejor medicina» vecinal
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- El portero uruguayo de Lugo que triunfó en Córdoba y ni debutó en el Deportivo tras un roce Arsenio-Jorge
- El superyate de 80 metros de eslora de un magnate estadounidense recala en el puerto de A Coruña
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- Tres condenados por asesinato y robo de un hombre que les debía dinero en un piso de Os Mallos, en A Coruña
- El baile de Os Mallos es «la mejor medicina» vecinal