Opinión | Cartas de los lectores
Rubén Reiriz-Polo Santiago de Compostela
A vida dun fotógrafo entregado a Compostela
Tras case medio cento de exposicións, a Casa Gótica de San Miguel emprende a súa derradeira mostra antes de fusionarse co magno museo do Banco de España. O Museo das Peregrinacións homenaxea a un fotógrafo santiagués nado en Cuba en 1925. A familia indiana ten que retornar en 1931. A dictadura de Gerardo Machado non ve con bos ollos as actividades teatrais que promovían os seus pais. No 36 instalanse en Compostela. A nai perde o traballo público como mestra no Pino e o pai tamén sofre dificultades pola súa militancia na CNT.
Os proxenitores pretendían que José se incorporara á Universidade. Pero entrou no estudio fotográfico Ksado, dos irmáns Luis e Carmina Casado. Empeza dende abaixo, aprendiz e recadeiro. A aventura dura un lustro ata que un día lle dan unha labazada; nunca máis. Por entón xa comezara a cultivar outra paixón, o xadrez. O mestre Carlos Vázquez ensínalle a arte do violín.
Tamén bota unha boa tempada, do 42 ao 48, baixo as ordes do fotógrafo Almeida, de orixe portugués. Compenetra tal oficio cos estudos que fai para a facultade de Medicina. Continúa a súa formación matriculándose na Escola de Artes e Oficios onde obtén o título de Debuxo Artístico. O coleccionista de selos ten a sorte de que no ano Ano Santo de 1948 se populariza que os feixes de peregrinos se inmortalicen en Platerías, se son poucos, ou na Praza da Quintana.
O seu primerio establecemento foi Foto Studio, ubicado a carón do actual Bar Negreira, o das patacas cocidas con pimentón. Comparte gastos con Roberto Rivas. O traballo medra coa demanda de fotos para o DNI, que xorde no 52, e para as orlas universitarias. Recibe entón o pioneiro flash electrónico que recala en Compostela. Xa non escapa detalle á súaVoigtländer.
Múdase no 53 á rúa Altamira, fronte a Praza de Abastos. Dous anos despois casa con Carmen, coa que terá cinco fillos. O acondicionamento nun segundo andar da rúa do Vilar é máis doado ó gañar unha quiniela de trece. Subía o arrecendo a polbo do Gato Negro. No 62 consegue por fin un local, o definitivo ata a súa xubilación no 89, á pé da emblemática rúa dos soportais.
Maruxa e Coralia Fandiño lle pediron un retrato. Disque interesaban á revista Vogue. Sabendo Guitián os seus apuros económicos faillo gratis. Ese día presentáronse sen roupas rechamantes, aquelas que tanto animaban os paseos as dúas en punto na triste Compostela do franquismo. Ben lembra o nonaxenario como esas infelices e atormentadas mozas da Rúa do Medio iban na procura de pó de albayalde á droguería Labarta para maquillar as súas facianas.
LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.
Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.
- El hijo de César Cadaval de 'Los Morancos' se sincera sobre su padre: 'Ya me da igual
- La borrasca Éowyn supera las previsiones en Galicia: ya se registran vientos de más de 150 kilómetros por hora
- No más pan rallado: esta es la alternativa para empanar sin carbohidratos
- Cristina Piñeiro, trasplantada de médula: «A mi ‘Don German’, que es como llamo a mi donante alemán, le debo la vida»
- Jairo, candidato a lateral del Deportivo
- EN DIRECTO | RC Deportivo - Levante UD
- Así quedan los abonos de Renfe tras el fin de la gratuidad para viajeros frecuentes
- Galicia estará en alerta por temporal este domingo: llega la borrasca 'Herminia