O monte ten as entrañas de pedra. Durante anos tirou proveito o canteiro mais a terra vingouse nos seus pulmóns. É a maldición da silicose. Non había medios. Ninguén che informaba. Traballabas e tirabas para adiante. Agora as cousas cambiaron. Sempre os chafarises a regar, máscaras, control de riscos laborais, mándanche facer un curso en Vigo, mangueirazo cando sae a bañeira. Tráfico mira moito iso.

Tes que ir a Oviedo. Ao Instituto Nacional da Silicose. Alí xa che fan todas as análises e xa che informan se estás ben ou tes que coller a xubilación, que grao tes da enfermidade...

Eu cansábame ao subir escaleiras. Fun por privado, miráronme por raios, fixéronme un TAC. Douscentos euros cobráronme. E xa me dixeron: Non podes traballar. Esquécete diso. Terceiro grao. Vaste a Oviedo e que che fagan a revisión. Xubilado. Con corenta e oito anos. Outros con menos, trinta anos, trinta e pico... Algún ponse contento e pensa que é unha bicoca. Non oh! Unha doenza moi fodida. Veña para o ambulatorio a que che poñan oxíxeno, outro coa bombona na casa, sentadiño na porta todo o día, facendo paradiñas para andar dous pasos.

Aqueloutro traballou no aserradeiro, pero antes xa estivera na canteira moitos anos. Había horas para facer. E logo cobrabas un soldazo, en negro. Veña coche bo, veña o que fora, pero agora quedoulle unha pensión de miseria. Éche así. Hai quen ten unha paga boa porque cotizou.

E os afectados pelexaron pola indemnización. Home. As empresas están hoxe en cumprir a lei. Saltala ao final sáelle mais caro.

Eu tiven que ir dúas veces. Na segunda aproveitei e quedei un par de días. Mirar un pouco aquilo. Tomarlle unha fabada. Alá te atende ben a doutora, non me acordo como se chama.

Morreu onte. Ven hoxe a esquela no periódico. Vai a enterrar fóra que ten panteón a familia. Xa estaba moi maliño.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.