A Fundación Nacional Francisco Franco é unha entidade que ten entre os seus obxectivos a "proxección do ideario" do dictador "sobre o futuro da vida española", así como organizar actividades "que conduzan a enaltecer a figura de Franco e a preservar o seu legado". Según os seus estatutos, que desvelou infoLibre, a fundación tamén se propón "exaltar" a vida de Franco "como modelo de virtudes" e "difundir o coñecemento" sobre a súa figura.

Desde 2009 a Fundación Franco tamén incumple a Lei de Fundaciones ao non publicar as súas contas. Neses cinco anos, a organización non comunicou cales son os seus ingresos nin os seus gastos. Nos catro últimos exercicios nos que si rexistrou os seus balances, obtivo uns ingresos medios de 118.000 euros ao ano. Ademais, recibiu case 150.000 euros de diñeiro público na segunda lexislatura de Aznar, subvencións que serviron para pagar unha mellora do arquivo da fundación franquista.

Varios partidos consideran que a organización debería ilegalizarse. O PSOE, por exemplo, cre que a fundación ten "difícil encaixe co Estado de dereito". A Esquerda Plural sostén que "as institucións que promoven o odio, como a Fundación Franco, deberían ser ilegais". Nesa mesma liña, UPyD opina que "a dignidade das vítimas da ditadura debe estar por encima" e que "non ten sentido que a fundación sexa legal". Amaiur, ERC, BNG, Compromís-Equo e Geroa Bai coinciden no séu rexeitamento á Fundación Franco.

As vítimas da ditadura comparten esa demanda. Consideran que a existencia da fundación é "incompatible coa Constitución" e que, en países como Alemania ou Italia, sería inimaxinable unha "Fundación Hitler" ou unha "Fundación Mussolini" que homenaxeara aos respectivos réximes fascistas e aos seus xenerais.

Con todo, as asociacións de xuíces creen que unha hipotética actuación para ilegalizar a Fundación Franco non tería garantido o éxito neste momento, pois a Lei de Memoria Histórica é insuficiente para actuar contra a fundación e en España "nunca se estableceu de xeito tallante que o réxime fose ilegal".

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 402) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.