O día 7 deste mes, cando voltaba cara a Pontedeume pola N-651 á altura de Laraxe (concello de Cabanas) comecei a ver peregrinos á beira da estrada que non sabían cara a onde ir. Baixo do meu coche e fágolles as indicacións para que sigan polo camiño de sempre. Subo no meu coche e uns quilómetros máis adiante, á altura da estrada que leva ao campo de fútbol, vexo atravesar a estrada (que neste punto é de moita intensidade de tráfico e con tres carrís de circulación) a un grupo de 10 ou 12 persoas e penso que están perdidos. Fíxome ben e vexo que alí hai un indicador novo do Camiño de Santiago. Isto xa enche o vaso da miña pacencia. Facer atravesar a nacional aos peregrinos é mirar pola súa integridade ou é un cachondeo ou tomadura de pelo?

Póñome de camiño á casa do concello de Cabanas para explicarlle o sucedido a algunha persoa responsable ( por alí vexo baixar a outro grupo de camiñantes que teñen que voltar a atravesar a estrada que vai cara ao concello da Capela). Indícanme a oficina do alcalde. Explícolle o sucedido e a súa resposta remata dicindo que esa é cousa de Patrimonio e despáchame tan tranquilo.

Un día despois verifico que uns peregrinos van polo novo e perigoso camiño e outros polo camiño de sempre, seguindo as frechas amarelas xa que os indicadores de pedra foron arrincados

En mans de que lucidas (non lúcidas por suposto) persoas están estas cuestións?

Agardarán a que pase algo, ogallá que non, para pensar que esta nova ruta é moi perigosa?

Isto é inadmisible, co tranquliños que ían os peregrinos, baixando cara á praia da Magdalena.

A praia é un valor que ten o concello de Cabanas pero debe ser de ínfima importancia xa que agora os camiñantes transitan pola estrada xeral, poñendo en risco a súa vida, incorporándose xa á ponte que os levará a Pontedeume.

Impresentable, inconcebible e esperemos que non teñamos que dicir lamentable (cando haxa algún accidente).

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.