Na memoria rexistramos os datos das nosas experiencias, nese proceso que chamamos aprendizaxe. Na memoria gardamos o complexo sistema de sentimentos que nos relaciona coa nosa contorna e cos demais.

No ano 2006 con vento forte do Nordés, miles de hectáreas calcinadas, catro mortos. Alguén apuntou que podía tratarse dunha "trama organizada". O Sr. Mariano Rajoy e o Sr. Núñez Feijóo rapidamente acusaron de inmoralidade aos responsables da Xunta de Galicia por atreverse a alimentar a existencia de supostas tramas ou grupos organizados.

Once anos despois, con vento Ávrego e cos restos do furacán Ophelia, en escasas corenta e oito horas miles de hectáreas arrasadas, catro mortos. O Sr. presidente do Goberno central e o Sr. presidente da Xunta de Galicia falan de que existen "terroristas incendiarios" que hai unha "trama organizada".

O anterior demostra, para ben ou para mal, que a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. A memoria é para os seres humanos tan misteriosa e descoñecida como unha galaxia remota.

Vostedes son uns cataventos "estes son os nosos principios, senón vos gustan temos outros", posiblemente e sen querelo son marxistas seguidores do inesquecible Groucho. Cabe preguntarse por que menten e por que enganan, por que non asumen as responsabilidades que lle corresponden ao igual que fan os gobernantes dos países da nosa contorna. Esta reacción defensiva só tería perdón no caso de tratarse dun brote psicótico, evidentemente pasaxeiro, provocado pola tensión emocional de ver arder o país que os veu nacer.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.