Veño observando dende que estou no paritorio, un sitio no que entro en contacto con como mínimo 3 ou 4 mulleres embarazadas ao día, máis con todas aquelas enormes compañeiras, dende matronas, xinecólogas, celadoras, auxiliares, limpadoras... a meirande (meirandísima) parte, mulleres, algo que quero compartir. Tamén teño grandísimos compañeiros que son homes, por suposto. Pero hoxe quero falar das mulleres. Quero escribir sobre o perdón das mulleres.

As mulleres, ese ser marabilloso que durante unhas 37 semanas prestou o seu corpo a unha nova persoa, para que se puidese converter en tal. Que ven coas pernas moitas veces inchadas, edematosas, á que lle costa camiñar. Que estivo durante 12 semanas con vómitos cada mañá, se limpaba a cara, e se ía traballar. Que tomaba rigorosamente as súas vitaminas, que non tomaba nin unha caña a pesar do moito que lle apetecía, que se cansou de repetir "por favor, non fumedes aquí, que lle fai mal ó neno". Que estaba 10 horas na barra do bar con camisetas folgadas e a espalda cargada. Que estaba tecleando en fronte do ordenador e pensando nos números para mercar os pañales?

Esa muller, chega o día do seu parto, e ten dor. Porque en moitísimas ocasións o parto implica ter dor. Forma parte do proceso natural de dar a luz. E esa muller, apértache a man. E resopla. E as veces berra.

E cando berra, pídeche perdón por berrar; e cando se lle dormen as pernas pola epidural, e hai que axudarlle a movelas, pídeche perdón por facerche "traballar"; e pídeche perdón cando se lle escapa un pouco de pis; e pídeche perdón cando lle tes que ir a axustar moitas veces o monitor porque o bebé se está movendo.

E pide perdón unha vez. E un cento delas. Sen darse conta de que está a facer unha das cousas máis impresionantes que podemos facer e que que a veces berre, resople, ou se lle escape un pouco de pis é normal.

¿Cando se nos inculcou que tiñamos sentirnos culpables por ser humanos e ter respostas humanas?

Vós pedídesnos perdón; e eu douvos as gracias por deixarnos estar presentes nesa obra de arte da que sodes as artistas.

Mulleres do mundo, persoas do mundo, sodes espectaculares.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.