O Goberno anda nervioso. Non teñen cartos para pagar as pensións, os vellos estamos vivindo moitos anos e así neste país somos un estorbo. Queren que morramos antes.

Tranquilícense señorías, que se lles pon a cara moi fea. Estaban máis alegres cando tiñan no peto esas tarxetas sin fondo chamadas black. Compraban todos os caprichos innecesarios que querían mentras que nenos vítimas da crise non tiñan para almorzar, para ir a escola, ou morrendo nas pateras. Torcían a cara e para diante.

No ano 1957 unha ducia de ovos daba para pagar un mes de luz. Agora, como os expresidentes son como xerróns chinos, empréganos nas eléctricas. Pobriños, son "probes pensionistas". Temos que pagar esa compensación polos favores recibidos, e o recibo da luz non se da pagado nin coa ducia de ovos nin co galiñeiro enteiro.

Aconsellan facer plans de pensións. Como se fai iso cobrando un salario de subsistencia? Nunca se veu ata agora que a xente que traballara estivera na miseria.

Son pensionista de 600 euros e teño 87 anos. Necesito axuda, pois coa miña pensión estaría perdida se non tivera familia. Dame moita pena ver xente vivindo soa, sen calefacción, sen axuda. Xente que traballou toda a vida. Que non roubou como eles, aínda que os tempos fosen duros. Esta carta é para os políticos que nos levaron á nefasta situación na que vivimos (moitos deles aínda gobernando). Quero dicirlles que coas súas miserias, prepotencia, mentiras e roubos acabaron destruíndo a ilusión e o benestar de varias xeneracións.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.