As linguas son o medio de comunicación para expresar pensamentos, entenderse e recibir novos coñecementos. As tradicións e expresións orais transmiten valores culturais e sociais e son fundamentais para manter vivas as culturas identitarias e as tradicións, mantendo a interacción dos maiores cos mozos.

O galego é lingua cooficial, por iso os galegos temos o dereito e a obrigación de expresarnos no noso propio idioma como factor determinante para a formación da identidade do noso País.

O Consello de Europa reprobou recentemente a perda de peso que sufriu o idioma propio de Galicia no ensino por vulnerar os principios da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias e aconsella utilizar máis as linguas cooficiais.

As últimas enquisas sociolingüísticas poñen en evidencia que desde hai tempo o monolingüismo en castelán dos nenos está a dispararse en Galicia. Sabemos que, na actualidade, o galego é a lingua claramente maioritaria da poboación maior de 65 anos, mentres que, por exemplo en Vigo e en Coruña, onde hai máis xente nova, só o 5% dos menores de 14 anos usan o galego.

Algo estamos a facer mal ou algo non funciona aínda a pesar de que a Xunta crea que a súa política lingüística non condicionou o descenso no uso do galego.

A lingua galega é un valor de Galicia, tanto por ser o seu gran patrimonio cultural e identitario, como por ser elemento cohesionador da sociedade. A morte do idioma conduce inevitablemente á perda definitiva de tradicións e expresións orais e, é por iso, que o noso idioma, o galego, ha de ser un dos elementos culturais que hai que cultivar e fortalecer.

Á Xunta en particular e aos partidos políticos en xeral pídolles que deixen de utilizar o idioma como arma política e ofrezan solucións consensuadas para a súa protección e difusión. Eu creo que é vergoñoso que o Consello de Europa "sáquenos as cores"

É máis, comparto plenamente como lin nun editorial o que "las lenguas cooficiales, son de todo España y corresponde a los poderes públicos, empezando por el Gobierno de la nación, protegerlas y difundirlas".

"Si hablas a una persona en una lengua que entiende, las palabras irán a su cabeza. Si le hablas en su propia lengua, las palabras irán a su corazón". (Nelson Mandela)

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.