Hai moito tempo que as dependencias militares da Comandancia de Obras do Campo da Estrada deixaron de cumprir as funcións para as que foran destinadas. Dende entón, o desleixo fixo mágoa nelas ata que o Ministerio de Defensa decidiuse a ceder o seu uso ao Concello da Coruña.

Aproveitando as demoras entre administracións que se deron no entrementres do cambio de titularidade, un grupo de okupas tomou o control das intalacións pola súa conta para realizaren unha serie de actividades lúdicas e culturais. O que supón unha usurpación das funcións do Concello, que ten concedido un investimento de 1,3 millóns de euros do Ministeiro de fomento para restaurar o recinto e desenvolver o seu propio programa socio-cultural e que podería perder se non se inician as actividades municipais no prazo fixado. As autoridades municipais tentaron chegar a un acordo cos ocupantes da Comandancia para cederlles outro lugar para as súas actividades, sen que estes consentisen en marchar.

Isto entra en contradición co que representa o movemento okupa, cuxos principios consisten en rehabilitar inmobles abandonados para polos en valor e realizar accións socio-culturais. Neste caso, a súa teima pode por en perigo unha actuación dos representantes municipais elixidos pola cidadanía.

O que iría en detrimento désta e sería antidemocrático, xa que o pobo escolleunos a eles e non aos ocupantes, que tan só representan a unha exigua minoría. Os membros do colectivo A Insumisa deben recapacitar e tirar partido das opcións que lles ofreza o Goberno Municipal que, se non aceptan a súa saída polas boas, non debe ter ningún complexo á hora de defender os intereses dos veciños da Coruña.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.