Son machista dende que nacín nesta sociedade machista, dende o minuto 1. Seino hai moito. Os asesinatos de mulleres, a desigualdade na asunción dos cuidados e das tarefas do fogar, as esixencias sobre o noso físico, a subordinación laboral, o protecionismo, etc, non deixan lugar á dubida.

Pero cando reparei en que, ó longo das nosas vidas, a maioría das que acabamos precisando de apoio psicolóxico por parte dunha persoa especialista, somos as mulleres, foi cando me din conta de canto de profundo temos arraigado o machismo nas nosas mentes.

A educación machista á que se nos vai sometendo durante toda a vida, acaba conformando una estructura mental, que se desbarata cando a razón percibe as inxustizas que esta sociedade pretende que asumamos, e a paciencia acada o seu límite. A loita entre o papel que as nosas capas mais profundas teñen absorbido que deberíamos asumir como mulleres, e o papel que libremente escolleríamos asumir, pasa factura emocional e mental en nós. Por iso penso que o machismo hai que erradicalo dende moi abaixo: o feminismo debe estar presente dende o minuto 1 das nosas vidas.

Teremos conseguido erradicar o machismo cando non precisemos ser feministas.Mulleres que vos atopades nesta situación, vós non sodes débiles, nin raras, nin egoístas; sodes feministas!

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.