Por primera vez en moitos anos, síntome orgulloso de ser español. Non se trata de que o noso país gañara ningún campionato mundial nin europeo de fútbol. Tampouco de que a nova Misss Universo elixida fora española. Moito menos de que recibamos millóns de turistas que veñen a contemplar as sanguentas corridas de touros que serven como un dos ganchos para atraer ao noso boiante turismo.

Trátase de que este país, tan desconcertante ás veces para nós mesmos, se ofreza contra vento e marea para dar asilo a uns centos de inmigrantes que vagan pola mar despois de sufrir odiseas sen conto, para evitar que acaben no seu fondo ou devoltos ás mafias que os explotan ou os convirten en esclavos de todo tipo.

Parabéns ao novo goberno que tivo o valor e a solidariedade de tomar esta decisión.

Unha decisión que nos fai máis humanos a todos e cada un dos cidadáns deste país. Gracias a todos os dirixentes comprometidos con esta decisión, sexan do partido que sexan. Parabéns a esta España que amosa a súa faciana positiva!

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.