Hai uns días regresei a Madrid desde Galicia, o meu lugar de nacemento e o país que estraño e quero. Entre moitas das cousas que alí lin, chamáronme poderosamente a atención algúns comentarios relativos á actual situación demográfica de Galicia. Galicia volveu aos niveis demográficos de 1973 tras o goteo desde o 2011 dunha constante caída natalicia, un incremento de falecementos entre os maiores e un repunte da emigración. Galicia perde cada exercicio ao redor de 20.000 persoas de entre 20 e 35 anos, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

Visto así, é obvio que o peor está aínda por chegar ante a falta de substitución xeracional no mercado de traballo e sen poboación nas idades de referencia para a maternidade. Por iso, a Xunta propuxo un pacto contra a crise demográfica e espera alcanzar acordos cos axentes sociais, políticos e económicos.

Segundo os expertos, o problema demográfico non se resolve soamente coa implantación de medidas en favor da natalidade. O adecuado sería xerar emprego e lograr incrementar os investimentos estranxeiros para atraer á poboación máis nova e que a que permanece que non se fose.

Eu considero e asumo que este é o reto de todos os galegos, incluídos os da diáspora, xa que co noso impulso e implicación apontoaremos maiores posibilidades de traballo para a integración dos nosos mozos e a proxección internacional de Galicia e a súa economía.

Neste sentido é de agradecer que Asomega (Asociación de Médicos Galegos) decidise celebrar en Galicia o I Encontro mundial de Médicos Galegos que pretende sentar as bases para alcanzar o equilibrio entre innovación, novas tecnoloxías e humanización da medicina, compartindo a idea da medicina galega que traspasa fronteiras e que combina ciencia, innovación e persoa. Outras asociacións de dentro e fóra de Galicia deberían copiar o exemplo e propoñer iniciativas mediante a posta en común de ideas e alternativas de fronte ao futuro co obxecto de establecer as liñas mestras para que se consolide a economía Galega cun respaldo societario o máis amplo posible. Impulsemos o noso sentimento común de Galeguidade integrando aos nosos mozos. "Non somos galegos porque nacéramos en Galiza, senon porque Galiza nace en nós".

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.