O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) síntese indignado e molesto polas frecuentes invitacións que a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos da Coruña vén facendo á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a don Xosé Lois Foxo, director da propia agrupación e autor do seu himno oficial, co gallo dos actos conmemorativos do centenario desta entidade coruñesa. O CDG non entende como unha institución tan recoñecida socialmente e coa traxectoria que ten na cidade poida recorrer a música de corte escocés, interpretada por unha formación pseudo-galega que emprega gaitas, percusións, bastóns de mando, estética e vestimenta que non nos representan musicalmente, tal e como amosaron nos concertos realizados hai uns meses nas instalacións da mencionada institución e hai uns días no local social do Sporting Club Casino da cidade herculina.

Buscar fóra o que temos aquí, vender como galego algo que non é, copiar elementos importados de Escocia por estar acomplexados, manipular e confundir ao público, dar a entender que o que se fai é xenuinamente galego e que se representa a nosa terra polo mundo adiante. O CDG leva moitos anos denunciando este engano sistemático e intencionado, esta manipulación constante que nada aporta a Galicia e que vén perxudicando á imaxe da música galega dende que o Sr. Foxo decidiu implantalo por capricho. Chamamos a atención ás correspondentes directivas destas institucións coruñesas e ao público en xeral para que se informen, analicen e reflexionen todo isto. O compromiso e respecto coa súa terra tamén debería de ser coa súa cultura musical. Basta xa de asumir como propia unha moda importada que actualmente está en decadencia pero que aínda persiste sen motivo xustificado.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.