Fai uns poucos días en terras lonxanas do sur, celebrouse unha de esas eucaristías que, nesta falsa democracia, chaman votación.

E dende aquela non sale de boca de todos, -sobre todo dos que de eso viven-, o resultado obtido por un chamado partido de extrema dereita.

Por todo o cal, un preguntase: ¿Cal é o problema? ¿Acaso hai en Al-Andalus 300 e pico mil novos fachas que non había hai catro anos? ¿Serán todos eses votantes fachas? (Maravillosa oda á ignorancia que gañe nun sitio que vive, en prosperidad, da inmigración ilegal un partido que promete erradicala. Eso é algo máis cun tiro no pé).

Din os máis alarmistas que asi empezaron outros partidos de noxenta lembranza, mesmo no reino de España. Cecais recordarlles que hoxe en día non atoparan a palanca cos fixo grandes: o apoio do gran capital. (Agora mesmo non necesita destes grupitos o bon do capital, tenno todo tan ben atado como o ten).

Ao millor, trátase sinxelamente de que os apaleados da terra decidiron votar pola marca auténtica, deixandose de marcas brancas, neste tempo de políticas de mercadotecnía.

Ou en vez de nirar cara ao dedo, deberíamos ir máis alá; e o que realmente debería de preocuparnos sería o vaciado insustancial de eso que queremos soñar como esquerda. Paulatina claudicación, dende a lingüaxe ata as ideas, do que debería ser raio de esperanza dos oprimidos da terra, e non deixa de ser máis que facho de móvil de penúltima xeración. Sen ir máis lonxe aí temos á CUT andaluza diluida nesa fragancia de nova cociña política que é Podemos ou "Adelante", ou como queiramos chamalo.

Pero, tampoco tiremos foguetes nesta, a nosa terra. Por exemplo, no problema actual con Alcoa fai 30, 40 anos ¿que propoñeríamos?, ¿electricidade subvencionada ou nacionalización/colectivización?

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.