Fai uns días viaxei por un tramo desa autoestrada, concretamente dende o enlace de Guntín ata Lugo e comprobei que pese a ter unha boa construción e ser gratuíta, non ten practicamente tráfico de vehículos, como era previsible.

As obras, tendo en conta que os diñeiros públicos son moi escasos, antes de acometelas requiren un estudio moi rigoroso, e neste caso non se fixo, pois tódolos datos demostran que si esa autoestrada, -aínda non rematada- se fixera por Guitiriz, tería infinitamente moita máis circulación de vehículos, pois collería todo o tráfico que se dirixe dende Portugal e o suroeste galego que vai cara o Norte de España e Europa pola autoestrada A-8, e sobre todo, sería unha obra infinitamente máis barata, pois so faría falta construila dende Guitiriz.

A distancia dende Lugo a Santiago e practicamente a mesma por Palas de Rei ou por Guitiriz, polo que ó facela por este último lugar aforrábanse 45 Km. de autoestrada que se poderían empregar en mellorar outras obras ou mesmo a antiga estrada Lugo-Santiago.

Isto demostra que as obras planificadas dende Madrid, moitas veces non son adecuadas ós intereses galegos e por iso moita xente esiximos que se transfiran a Galicia todas as estradas e autoestradas do Estado nas que a Xunta non ten competencia.

Tamén aproveitando esta carta quería dirixirme ó encargado da D.X. de Tráfico, que mandou colocar nese tramo de autoestrada, -Guntín-Lugo-, polo menos catro sinais de limitación a 100 Km/hora, algunha sinal cunha distancia a outra que limita a 120 Km/h so duns 500 metros. A que ven poñer estas sinais, cando a estrada e recente, ten bo trazado e non ten circulación?. Pódese multar ós que incumpren as normas de tráfico, mais tamén deberíase sancionar os que colocan as sinais sen un mínimo de rigor.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.com). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contaco. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.