En calquera telediario, programa de TV, xornal, revista, folla parroquial ou vulgar panfleto, xa sexa en papel ou en virtual, unha persoa que non se moleste en informarse consegue enterarse das actividades, interesantes ou non, dos diversos sectores sociais. Estes sempre son políticos, futbolistas, personaxes que viven de contar vidas alleas, vividores de escándalos varios e transversais e, por último, algunhas persoas que traballan. A profesionais coma os sanitarios apláudeselles no caso de que expoñan a súa vida. Algo é algo. E nestes tempos nos que tanta falta fai que a poboación poña en práctica a educación recibida, por ver se somos quen de superar a pandemia e volver a ter a vida de antes da Covid-19, ou alomenos parecida e sen confinar, na actualidade, coma sempre, a ninguén lle interesa sequera mencionar o traballo de miles de docentes. Mestres e mestras teleconectados co seu alumnado e familias traballan horas e horas para que os escolares e que non saian perxudicados pola situación actual e tamén asesoran e informan ás familias para que os nenos e nenas poidan realizar as tarefas coa axuda da casa. Esa labor a cargo dos profesionais do ensino, aínda que lle dediquen 12 ou 14 horas diarias, non se ve, apenas se comenta e por suposto non se valora. Son os "científicos" do ensino. Do que non se fala non existe. Cando nunha sociedade importa e págase máis o comportamento chulesco dun político, o capricho dun futbolista ou a vida dun vulgar personaxe, algo vai mal. Nestes tempos nos que resulta vital unha escrupulosa actitude de responsabilidade individual, é cando se pon en práctica a educación recibida na casa e na escola. De sempre, os países onde máis se respecta ao mestre e se valora o se respecta o seu traballo, destacan por ter unha sociedade avanzada.

LA OPINIÓN publica opiniones de sus lectores, así como réplicas y sugerencias de interés general que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. Las cartas pueden ser enviadas a LA OPINIÓN por vía postal (C/ Franja 40-42 15001 A Coruña), por fax (981 217 401) o por correo electrónico/cartasaldirector@laopinioncoruna.es). Deben tener como máximo 20 líneas e incluir nombre, apellidos, DNI, domicilio y teléfono de contacto. LA OPINIÓN se reserva el derecho a extractarlas.

Cláusula Legal: LA OPINIÓN A Coruña S. L. (C/ Franja, 40-42, 15001, A Coruña), le informa que sus datos de carácter personal facilitados en este formulario de cartas al director, serán incorporados a nuestros ficheros y tratados automatizadamente. De acuerdo a la L.O.P.D. 15/1999 (Ley Orgánica de Protección de Datos), vd. podrá ejercer su derecho de acceso, rectificación, cancelación y oposición conforme a dicha ley. El titular de los datos se compromete a comunicar por escrito a la compañía cualquier modificación que se produzca en los datos aportados.