Máis de 200 persoas se concentran en Oleiros nun xesto de apoio ao pobo palestino

Concentración en Oleiros en apoio a Palestina.

Concentración en Oleiros en apoio a Palestina. / Carlos Pardellas

EUROPA PRESS

Máis de 200 persoas concentráronse hoxe durante cinco minutos de xeito silencioso na localidade coruñesa de Oleiros nun xesto de apoio ao pobo palestino ante os bombardeos de Israel na franxa de Gaza, nun acto promovido polo Concello.

Segundo sinalou a Europa Press o alcalde da localidade, Angel García Seoane, o seu obxectivo é "concienciar sobre que hai que opoñerse a todos os terroristas". Neste sentido, recordou que a Federación de Municipios e Provincias "sempre que ETA comete un atentado convoca cinco minutos de silencio", unha iniciativa que, ao seu xuízo, debería acontecer tamén neste caso.

"E indignante e aberrante que un Estado faga terrorismo mentres todos os gobernantes do mundo están calados porque Israel lles ten collidos dalgún modo", sinalou.

Así mesmo, apuntou que nestes bombardeos "non se está a respectar nin ambulancias, nin escolas, nin bandeiras, nin nenos, nin anciáns". "E un holocausto promovido polos que foron vítimas dun hai anos, e iso non ten ningunha xustificación", concluíu.

MANIFESTO

No acto leu un manifesto no que se recordou que o exército sionista asasinou máis de 500 persoas nos últimos días, ademais de ferir a 2.500 na franxa de Gaza e solicitou "o cesamento das hostilidades", así como a mediación da ONU no conflito e unha "maior presión" por parte da Unión Europea.

Ademais instaron a comunidade internacional a non quedar "de brazos cruzados fronte ao xenocidio que se está a cometer en Gaza". "As sociedades civilizadas e os seus gobernos teñen que mobilizarse para poñer fin de inmediato a esta barbarie", apuntaron a considerar que a situación que se está a vivir en Palestina "non conduce a outro sitio que á dor e o sufrimento de todos aqueles que aínda teñen capacidade" para sentir".

"Esta guerra inxusta e cruel, como todas as guerras, provocarán o nacemento de novos odios, os mesmos odios que desgraciadamente están convertendo a Israel nun país terrible, non só para os seus veciños de oriente, senón para toda a comunidade internacional", concluíron.

Tracking Pixel Contents