Desaparecido un home nas inmediacións da Torre de Hércules

Efectivos de Salvamento Marítimo, da Guardia Civil e de Protección Civil buscan nas inmediacións da Torre de Hércules, na Coruña, a un home que desapareceu nesta zona na tarde de onte

EUROPA PRESS

Segundo informaron hoxe a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, no operativo participa o helicóptero 'Helimer Galicia', a Salvamar 'Milfak', así como efectivos de Guardia Civil e Protección Civil.

O home, de 61 anos, saíu do seu domicilio en Oleiros (A Coruña) na mañá de onte e non acudiu a recoller á súa filla ao mediodía ao seu lugar de traballo como estaba previsto.

Ao coñecerse a súa desaparición, axentes da Guardia Civil e a Policía Nacional iniciaron a busca, localizando o seu coche coas portas sen seguro, no aparcamento da Torre de Hércules. As hipóteses que se barallan apuntan a que caese ao mar.

Tracking Pixel Contents