NARÓN

O alcalde de Narón cede hoxe a súa alcaldía

Xoán Gato nunha fotografía de arquivo.

Xoán Gato nunha fotografía de arquivo. / La Opinión

EUROPA PRESS

Na sesión plenaria que se celebrará hoxe ás 12.00 horas, farase efectiva a renuncia que Gato presentou por rexistro o pasado venres, tras deixar aprobados os presupostos municipais para 2009, que ascenderán a máis de 31 millóns de euros.

No pleno de hoxe, o Partido Popular, que goberna en coalición con Tega, non presentará a ningún candidato alternativo para "facilitar" o traspaso de poderes a Xosé Manuel Blanco e permitir que continúe "o traballo en equipo que PP e TeGa" desenvolven en Narón, para lograr que o municipio "sexa cada día unha cidade con maior calidade de vida para todos", en palabras da primeira tenente de alcalde e voceira "popular", Angeles Díaz.

Xoán Gato, de 63 anos de idade, abandonará completamente a corporación municipal, malia que podería manterse como concelleiro. Está previsto que este mesmo mércores presente a renuncia á acta de edil que posúe dende que entrou na corporación baronesa no ano 1979.

Tracking Pixel Contents