A CORUÑA
O Chuac estará finalizado en 2013 cun investimento de case 244 millóns

Touriño hoxe na presentación do Plan Director do Chuac. / Fran Martínez
EUROPA PRESS
Así o destacou hoxe, na súa intervención, o máximo mandatario do Goberno galego, quen subliñou a inclusión neste Plan Director do novo edificio destinado ao Instituto de Investigación Biomédica, que estará situado no Hospital Teresa Herrera, dun centro de alta resolución en Carballo e de outro de especialidades en Betanzos.
Touriño enmarcou esta actuación nas iniciativas postas en marcha polo Executivo galego para "mellorar" a asistencia sanitaria o cidadán e ofrecer unha "atención integral". Pola súa parte, a conselleira de Sanidade, María José Rubio, asegurou que o Plan Director pretende "adiantarse ás necesidades do mañá" e afirmou que un dos obxectivos é "humanizar a atención sanitaria".
Carencias
Tanto a conselleira como o xerente do Chuac, José García Buitrón, atribuíron a redefinición do Plan á necesidade de resolver algunhas "carencias" que presentaba para a súa execución.
Así, Rubio manifestou que non era posible executar as fases pendentes "porque carecía dunha planificación seria" e afirmou que as actuais modificacións permitirán converter ao hospital coruñés nun dos "máis avanzados" en investigación, formación e alta tecnoloxía.
Pola súa banda, Buitrón asegurou que en 2013 o hospital coruñés "disporá de máis camas, pero sobre todo de mellores espazos" para quirófanos, para o diagnóstico e para as urxencias".
Novas áreas
O Plan Director prevé a intervención nunha superficie de 165.486 metros cadrados, que inclúen xa os 44.000 metros do novo edificio inaugurado en decembro de 2005. Así, este ano está prevista a intervención na área de consultas externas, no banco de sangue ou a posta en marcha do novo servizo de farmacia.
O futuro complexo hospitalario pasará de 1.410 camas de hospitalización a 1.471 e terá un 70 por cento máis de consultas externas. A nova área de urxencias, que estará en funcionamento en 2010 no primeiro piso do edificio do hospital, cuadriplicará a súa dotación.
En 2011 está prevista a entrada en funcionamento do novo bloque cirúrxico e o novo edificio administrativo. Así mesmo, en 2012, segundo as previsións do Plan Director, estará operativa a nova área docente. A reforma da área de radioloxía é outra das actuacións previstas ata 2013, ano no que se abrirá o novo hotel de pacientes.
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Los nuevos accesos al hospital deberán estar terminados a principios de 2027
- Un paseo por la Coruña de los años 80 gracias a la IA
- Los niños que crecieron entre los autobuses de A Coruña
- Una jamonería ‘de cine’ en el centro de A Coruña
- Las herencias de viviendas crecen en A Coruña y se acercan a máximos históricos