Rómulo e Remo, pero cunha vaca

'Os irmáns Crebinsky', que se presentou onte no Castrillón, conta coa participación de Luís Tosar

Público asistente a la proyección de ayer en O Castrillón. / juan varela

Público asistente a la proyección de ayer en O Castrillón. / juan varela

Luis P. Ferreiro | A Coruña

As festas do barrio do Castrillón contaron no seu programa cun acto moi especial: nada menos que a premiere mundial dunha película, cun espectáculo previo e posterior á proxección do filme por conta dalgúns dos seus protagonistas. Entre eles, Miguel de Lira, que definiu esta presentación como "cine en tres dimensións sen ser dixital, de corpo presente".

De Lira é, ademais de coprotagonista, guionista de Os Irmáns Crebinsky, unha película de "realismo fantasioso" dirixida por Enrique Otero: "A película ten a súa orixe nunha curtametraxe. Vai de dous irmáns perdidos, como Rómulo e Remo, pero con vaca en vez de loba. A súa actividade principal é recoller crebas, as cousas que deixa o mar no litoral. Eles mesmos son unha creba, xa que foron cuspidos polo mar". Miguel de Lira e Sergio Zaerreta interpretan a Feodor e Mijail Crebinsky, dous irmáns que descoñecen a súa orixe, e que se embarcan nunha aventura xunto á súa fiel vaca para coñecer as súas raíces.

A busca destes pintorescos irmáns está ambientada na convulsa Galicia do ano 1945. "Na curta anterior os presentabamos só a eles, pero no largo presentamos o mundo circundante -explica o actor galego-, na II Guerra Mundial. Aparecen nazis que veñen buscando wolframio, americanos... Unimos cine mudo con cine bélico, e outras cousas".

Como se encarga de remarcar Miguel De Lira, Os irmáns Crebinsky é unha producción rodada integramente en Galicia, e que conta coa participación de estrelas do star system autonómico do nivel de Celso Bugallo e Luis Tosar. Pese a esta orixe local, o actor e guionista destaca a universalidade do proxecto: "É todo en versión orixinal: os americanos falan inglés de época e os alemáns, o mesmo. Aparecen catro ou cinco idiomas, ainda que a película é bastante visual e ten pouco texto. Os que a viron destacan a súa fotografía, e a película é galega, pero non o parece, porque ten un toque universal, pola temática e a linguaxe que utiliza".

E un proxecto tan especial merecía unha presentación acorde co seu espírito, e non unha simple proxección. A Banda Crebinsky, un grupo formado por músicos relacionados dunha maneira ou outra coalongametraxe ofreceron un concerto tralo pase da película de Enrique Otero. "Primeiro naceu a película e logo, a banda -aclara De Li- ra -. Vai todo no mesmo paquete, e o formato que ofrecemos é o de película máis concerto".

Os veciños do Castrillón disfrutaron, trala proxección de Os irmás Crebinsky, da música desta banda, tan universal como o espíritu da película. Os artistas foron ataviados para a ocasión co mesmo look que lucen no filme.

Tracking Pixel Contents