A semente enterrada de Bóveda

O Concello, a Academia e a asociación que leva o nome do intelectual celebran o Día da Galiza Mártir cunha ofrenda floral en Cuatro Caminos

Homenaxe a Alexandre Bóveda perante o monumento erixido na súa honra, onte, en Cuatro Caminos. / j. varela

Homenaxe a Alexandre Bóveda perante o monumento erixido na súa honra, onte, en Cuatro Caminos. / j. varela

Gemma Malvido | A Coruña

O Concello, a Real Academia Galega e a asociación Alexandre Bóveda celebraron onte, en Cuatro Caminos, o día da Galiza Mártir, o aniversario dos caídos na defensa dun lugar no que a lingua, a historia e o pasado fosen sinónimo de orgullo e non de vergoña como lles obrigaran a crer.

"Non enterraron cadáveres, enterraron sementes", berrou onte a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, antes da ofrenda floral coa que rematou un acto no que non quedaron en pé nin o Goberno da Xunta -co decreto do galego e coa austeridade pregoada que o presidente da asociación que leva o nome do intelectual morto no monte da Caeira, tal día coma hoxe, pero 74 anos atrás, Roberto Catoira, no ve por ningunha parte- nin Garzón nin os que pretenden xulgalo. Acudiron perante o monumento que recorda a Alexandre Bóveda, os seus familiares, os que viviron coa ausencia dun home que, coma tantos outros, deixou que a vida se lle escapase das mans mentres loitaba polo que, ao principio da Guerra Civil española, pensaba que era posible: unha Galicia diferente, "chea de luz", como dicía Castelao, competente e libre. Fusilárono, coma a tantos outros, polo seu interese de facer un soño realidade; un pensamento que, segundo Catoira, outros queren afogar tamén agora, tantos anos despois da contenda. "Convertéronse en heroes sen pretendelo", dixo un dos familiares do motor do Partido Galeguista, que estendeu o apelido Bóveda a todos os presentes. "Para os mortos, coroas; para os verdugos, esquecemento", recitou o secretario da Real Academia Galega, Xosé Luis Axeitos parafraseando a Curros Enríquez.

Tracking Pixel Contents