O candidato do BNG á Alcaldía, Xosé Manuel Carril, presentou onte, acompañado polas tamén candidatas Avia González e Águeda Rei, o novo espazo virtual da formación asamblearia. Sondebarrio.com é unha páxina web creada coa intención de fomentar a participación da mocidade, que pode enviar non só suxestións ou denuncias, senón tamén vídeos, propostas e incluso cancións que permanecerán colgadas na Rede.