03 de marzo de 2015
03.03.2015
ÚLTIMA HORA
El Rey Juan Carlos evoluciona satisfactoriamente y seguirá aún en la UCI
Carlos Callón Ensaísta, activista polo galego e autor de 'Atravesar o fantasma'

"Estou en contra da 'ditadura do ja ja ja', de pregonar a nosa felicidade no Facebook"

"A miña poesía xira en torno á sexualidade e á morte, esas dúas preguntas que nos custa responder" - "A psicoterapia serviume para atreverme a publicar os poemas"

03.03.2015 | 01:11
O ensaísta e poeta Carlos Callón, que publicou recentemente o poemario ´Atravesar o fantasma´.

Carlos Callón foi o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ata o ano pasado. Actualmente adícase á docencia e vén de publicar o libro de poesía Atravesar o fantasma, obra que presenta hoxe na librería Suévia (rúa Vila de Negreira, 32) ás 20.30 horas.

-O título é un termo da psicocoloxía. Por que?

-Eu era unha persoa moi crítica coa psicoterapia, pero axudoume a facer este libro. En dous aspectos: para atreverme a publicar, despois de 17 anos facendo poesía, e para organizar as miñas obras cun sentido xeral. Os 35 poemas deste libro forman un deses conxuntos de puntos illados que, cando os unes cun lapis, forman unha figura.

-Por que tardou en publicar?

-Non sei responder a iso (ri). De ensaio levo cinco libros, e de poesía, da que gañei un premio con 18 anos, publico agora por vez primeira.

-Cal é o papel da adolescencia na súa poesía?

-Digamos que non aparece como idílica (ri). Para min, sen dúbida, non é un paraíso perdido. Os primeiros anos son determinantes, e, incluso nas persoas cunha infancia e adolescencia feliz, hai algo de sufrimento e inquietude.

-Os dous grandes temas do libro son a sexualidade e a morte.

-Son esas dúas preguntas que aos seres humanos nos custa responder: o eros e o tánatos. No meu caso, o descubrimento da sexualidade está ligado á homosexualidade, un tema que xa non se vive igual agora que nos anos da miña adolescencia na sociedade galega.

-Cambiou moito a situación?

-É radicalmente diferente. Pasaron 20 anos pero parece que pasaran máis de 300, con cousas como o matrimonio homosexual.

-Como aborda a morte?

-Digo no libro que 'todas as mortes son a morte do meu pai'. No proceso de dó é habitual que se lembren perdas anteriores. Esta rememoración existe porque non temos resposta ante a morte, non hai xeito de darlle sentido.

-O arte serviulle de terapia?

-Non (rise). Nalgún momento ou situación, a poesía pode empregarse para transmitir a dor, pero non creo que o libro sexa terapéutico.

-Parece todo pouco optimista.

-A felicidade plena non é posible, e é importante asumir que a vida ten unha parte negativa. Optimismo? Si, no sentido de que se pode vivir mellor, e seguir vivindo aguantando os golpes. Pero estou totalmente en contra da ditadura do ja ja ja, do tabú creado en torno á morte, que cada vez é maior, e da psicoloxía positiva. E chámoa positiva porque así é como a denominan, porque de positiva non ten nada. Pregona a idea de que hai que vivir sempre sorrindo, dicindo que felices somos en Twitter e en Facebook. Iso non quere dicir que a vida sexa un inferno (ri).

-E que quere dicir, entón?

-Que si que podemos sentirnos tristes, ven sexa por un motivo obxectivo, como unha perda, ou simplemente porque si. Algo que nas redes sociais, como mencionaba, está mal visto. Hai outro fenómeno que en Galiza aínda non está moi presente, aínda que se empeza a ver, pero si se dá noutras sociedades máis urbanizadas: hospitais nos que os enfermos non están acompañados polos seus familiares. Ese escapar do negativo.

-Por cobardía?

-Di o psicólogo Lacan que a depresión é cobardía (rise). A depresión pode ter que ver con non atreverse a seguir o que se quere. Creo que hai que asumir o que se desexa facer na vida e seguilo.

-Cal é o papel que ten o humor na súa obra?

-Emprego o humor para rebaixar a carga trascendental dalgúns temas. De feito, no prólogo fago unha broma a partires da Divina Comedia de Dante. Normalmente o emprego nos poemas que falan das dificultades do amor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es