A ampliacion da avenida de Alfonso Molina e as cidades sen coches
Ignacio Ferreiro
A aplicación de criterios de "ecoloxía urbana", máis amplos e complexos que os meramente "urbanísticos", por atender non somentes á configuración física do espazo urbano, senón tamén as súas condicións de utilización e funcionamento, está a producir transformacións nas cidades, especialmente no que respecta aos seus espazos públicos e á súa ocupación polo automóbil, pois tanto a necesidade de aplicar imprescindibles medidas medioambientais e de sostibilidade, que ten levado xa a algunhas a establecer restriccións ou tasas ao uso dos vehículos privados, coma as novas posibilidades que as TIC's ofrecen na configuración de servizos de transporte público adaptados as demandas precisas de mobilidade dos cidadáns fan que esté xa plantexado un modelo de "cidade sen coches", coma no caso de Helsinki, cun plan en marcha para suprimir a utilización dos vehículos privados no ano 2025.
Ainda que esta semelle unha posibilidade moi lonxana, pode ser o futuro cara ao que nos diriximos, cando incluso a nosa cidade ten asumido xa compromisos medioambientais coma o Pacto dos alcaldes, ao que se adheriu no ano 2012, unha iniciativa da Comisión Europea que supón unha obriga de reducción dun 20% das emisións de CO2 cara ao 2020, para o que un dos aspectos máis importantes é o do transporte, ainda que non se esté a tomar medida efectiva algunha.
Este é o escenario no que se proxecta na nosa cidade a ampliación dunha das vías m ais importantes de acceso do tráfico rodado, a avenida de Alfonso Molina, coma solución ás frecuentes retenciáns que se producen nela, mais compriría intentar identificar as causas desta situación antes determinar as actuacións a levar a cabo, máis se estas precisan de importantes investimentos.
E entre as posibles causas poderíanse contemplar dende a particular configuración física da cidade e o reducido número de vías de acceso das que dispón, sobre o que convén esperar que o funcionamento da terceira ronda supoña unha mellora, ata a concentración nun reducido tramo desta vía, e máis no seu sentido cara a cidade, de incorporacións e desvíos que xeneran cambios obrigados de carril, e que precisarían de reordenación, pois pode que unha ampliación das dimensions da vía non solucione esta cuestión, ou outra que nada ten que ver tampouco coas suas dimensións e que podemos atopar entre os datos que se recollen no Plan de Mobilidade aprobado o pasado ano polo Concello: o 88,9% dos desplazamentos entre a coroa metropolitana e a cidade realízase en automóbil privado, fronte ao 8,9% que se realiza en transporte público. Pode que esta sexa a causa máis importante do problema, e a súa solución consiste na articulación dun transporte público metropolitano, rodado ou ferroviario, eficaz en tempo e coste e capaz de supor unha alternativa á utilización do vehículo privado. Outras medidas supoñen en realidade fomentar a sua utilización e consolidar o seu dominio na distribución modal da mobilidade.
- Una influencer madrileña se deshace en elogios con 'el restaurante más icónico de A Coruña': 'Menos de 15 euros por cabeza
- Hijos de Rivera estrenará nueva sede en el antiguo Comcor, en A Coruña, en la segunda mitad del año
- Hallan muerta a una mujer en la plaza Salvador de Madariaga, en O Ventorrillo
- Aprender el idioma desde cero en A Coruña
- Las líneas del futuro puerto de A Coruña: un multiusos y pisos en San Diego y concesiones en los muelles del centro
- A Coruña viaja hasta al Lejano Oeste para celebrar su ‘cultura de vivir’
- Atasco en la entrada a A Coruña por Alfonso Molina tras un choque múltiple
- El proyecto para los muelles interiores de A Coruña estudiará un tranvía-tren hasta la plaza de Ourense