Baile, humor, e reivindicación
A gala dos premios de teatro María Casares tivo como principal gañadora á función 'Perplexo', que levou cinco galardóns dos nove aos que podía aspirar
Enrique Carballo | a coruña
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregou onte no Teatro Rosalía Castro os galardóns da decimonovena edición dos premios María Casares de teatro, nunha velada chea de danza, mímica e sorna, con frecuentes referencias en clave de humor á actualidade da profesión e ao vídeo promocional de Enrique Iglesias. Pero, sobre todo, foi unha gala marcada pola crítica e reivindicación da difícil situación dos artistas galegos, da que se lembraron tanto os organizadores coma os homenaxeados.
O grande gañador da noite, na que se repartiron un total de catorce galardóns entre as dezaséis compañías galegas finalistas, foi o espectáculo Perplexo, de IlMaquinario Teatro, que levou cinco premios dos nove aos que optaba, entre eles o de mellor adaptación-tradución, mellor dirección e mellor espectáculo. Seguiuno Ultranoite no país dos Ananos, da compañía Chévere, que levou tres dos sete aos que lle era posible. A casa do avó, de TanxarinaA casa do avó levou o galardón na categoría de mellor espectáculo infantil, que se entrega por primeira vez nesta edición dos premios. O resto das condecoracións corresponderon aos espectáculos Kassa, Pan! Pan!, Meu Ben y KassaPan! Pan!Meu BenPequenas Certezas.
Ademáis dos galardóns concedidos ao teatro contemporáneo, a organización deulle o premio de honra Marisa Soto pola súa traxectoria ao veterano Vicente Montoto, pola súa pertenza á xeración que conseguiu retirar o teatro da "práctica invisibilidade" para levalo á "profesionalización e consolidación". Montoto agradeceu o premio e aproveitou para criticar o "culturicidio" que, na súa opinión, están a cometer os recortes.
Na presentación da gala, a vicepresidenta da asociación que convoca os premios, Victoria Pérez, aproveitou para anunciar que a súa agrupación se incorporará á confederación Conarte, que asocia a diversas organizacións de traballadores do espectáculo españolas, así como que está actualmente negociando o segundo convenio do teatro de Galicia. Tamén tivo palabras para o novo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao que incitou a traballar polo ben do teatro galego en vez de "navegar no sentido contrario á cultura" como o seu antecesor, e para a TVG, que emitiu a gala en diferido a partir das doce da noite, á que pediu para próximas edicións da gala que lle outorgue un "trato axeitado" e que non a relegue a "horarios sonámbulos". Por último, reivindicou "a arma do non" ante condicións non dignas.
Entre premio e premio a gala foi amenizada polas actuacións de mímica, teatro e fados da compañía galaico-portuguesa Elefante Elegante, a cargo dos directores da gala María Torres e Gonçalo Guerreiro. As súas representacións incidiron nas idesa da viaxe e a morriña, relacionada coa falta de oportunidades para o teatro galego, e a multiculturalidade. Elefante Elegante estivo acompañado pola actriz Iria Pinheiro, que, caracterizada de meretriz, ironizou nun monólogo sobre a "prostitución" da profesión e reivindicou que "non é un luxo, senon unha necesidade", e pola contrapunto musical de Kibitka, unha formación na que se xuntan músicos armenios, bielorrusos, moldavos, rusos e galegos.
O escritor e tradutor carballés Xurxo Borrazás foi pola súa banda o encargado de redactar e ler o manifesto galego do Día do Teatro, que se celebra hoxe. Na súa intervención criticou á Administración por actuar "ninguneando as iniciativas ou menosprezando as compañías", convertindo cada representación "nunha epopea" para "impedir que o espectáculo se normalice". Tamén se referiu sarcasticamente aos que non aturan "a diferenza da lingua" e prefiren deixar a representación de Galicia "en mans de Enrique Iglesias, David Meca ou Marina Castaño".
- El mayor fondo inmobiliario del mundo en A Coruña: pisos, locales y suelo en Visma y O Castrillón
- Frente al tabú de la incontinencia, en A Coruña: 'Invalida tu vida en todos los sentidos
- Hijos de Rivera estrenará nueva sede en el antiguo Comcor, en A Coruña, en la segunda mitad del año
- Un conductor se da a la fuga en A Coruña tras un accidente en San Cristobal
- La Primitiva deja en A Coruña un premio de más de 1,3 millones de euros: 'Que nos envíe una postal
- Un accidente en la salida de la AP-9 en A Coruña provoca retenciones en Alfonso Molina
- El supermercado asiático más grande de A Coruña aterriza en Agrela
- Álvaro Victoriano, un chef ‘peculiar’ que se enamoró de la gastronomía y la tradición de A Coruña