Rubén Pérez Portavoz da asociación animalista Libera

"O Concello tiña que recoller probas do veleno e levar o tema a Fiscalía"

"O Goberno local leva catro anos ignorando as propostas de benestar animal, así que, cando menos, que faga cumprir a lei"

Rubén Pérez.

Rubén Pérez. / andrés prado

A Coruña

O portavoz da asociación animalista Libera en A Coruña, Rubén Pérez, pide máis apoio ao Concello para impedir que se repitan os casos de envelenamento de mascotas no parque de Eirís envelenamento mascotas parque de Eiríse alerta de que, ao ser un lugar público, igual que se ven prexudicados os animais poden sufrir danos tamén os nenos. O Goberno local negouse onte a explicar que medidas se están a tomar para evitar que se deixe comida envelenada ou con alfinetes no parque. Esquerda Unida-Os Verdes reclama a creación dun centro municipal de protección animal e a revisión da concesión da canceira para avogar pola adopción no canto do sacrificio das mascotas.

-Por que se está a dar a situación de envelenamento de animais no parque de Eirís?

-A información que nós temos di que nestas últimas dúas semanas aproximadamente apareceron dez casos de posible envelenamento de cans no parque de Eirís.

-E como os envelenan?

-Pois con cebos e colocando anacos de embutido con alfinetes. Con isto, resulta bastante claro que a intencionalidade é facer dano aos animais desa zona, tanto domésticos como aos silvestres. Dos dez casos que nos comentaron, hai catro cans que poideron falecer e outros seis que, grazas ao traslado rápido a un centro veterinario, se puideron salvar.

-Que hai que facer se se dá o caso de que un can ou un gato inxira veleno?

-Hai pasos moi simples que poden salvar a vida do animal, por exemplo, facer que beba auga con sal para que bote fóra o veleno, pero o primeiro que se debe facer é levalo ao veterinario e, despois, denunciar o caso ante as autoridades. O que nos preocupa a nós é que no barrio máis ou menos sesabía e se comentaba, pero faltaba dar o paso de facelo público. A min dame a sensación de que as persoas ás que se lles envelena o animal non se senten amparadas polo Concello e non saben como actuar. O que nós propoñemos é que o Concello tome as medidas axeitadas para que non se volva repetir.

-Que medidas?

-Que a Policía Local tome todas as probas e datos posibles e que se traslade o tema a Fiscalía. O uso de veleno é unha conduta constitutiva de delito Non é un xogo nin unha sanción administrativa xa que poden morrer non só animais seón tamén persoas. Hai que ter en conta outra cousa, que na gran maioría dos parques e prazas da cidade hai espazos para nenos e o uso de veleno pode afectarlle tamén a eles e é por iso polo que está prohibido.

-Pero como pode actuar o Concello?

-A presenza policial non é a panacea, xa que a persoa que quere colocar veleno vaino facer, pero o lóxico sería que o Concello asumise publicamente que está en contra destas prácticas e que o denuncie e non teñamos que ser as asociacións animalistas as que o fagamos. Hai anos denunciamos que en Adormideras se intoxicou a unha colonia enteira de gatos e non se fixo nada. O Concello agora tiña que se poñer en contacto coas persoas afectadas e ofrecerlles o apoio do 092 e, despois, ir co caso a Fiscalía. Estas condutas non poden quedar impunes porque se quedan impunes repítense. É moi complexo detectar estes cebos, pero si que se pode facer un labor preventivo preguntando no barrio se se volveron dar casos deste tipo. O Goberno local leva catro anos ignorando as propostas de benestar animal, así que, cando menos, que faga cumprir a lei.

Tracking Pixel Contents