A galina piñeira centrará o traballo no que alumnos do instituto de Viós de Abegondo, explorarán a súa faceta de emprendedores no marco do programa A Coruña Emprende 2, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, financiado pola Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN A CORUÑA. E en concreto nos proxectos de miniempresas, novidade desta edición, que busca fomentar a creación de empresas simuladas nas aulas, impulsar as metodoloxías aplicadas á educación emprendedora e potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado. O IES de Viós de Abegondo é un dos catro centros educativos da Coruña e da súa área metropolitana seleccionados para formar parte do proxecto miniempresas de A Coruña Emprende 2 xunto co CIFP Paseo das Pontes da Coruña, o IES Universidade Laboral de Culleredo e o IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Estudantes de 4º de ESO crearán unha empresa de cría e distribución de carne e ovos ecolóxicos desta galiña. Os alumnos encargaranse de todo o procesdo desde a cría ata a comercialización dos produtos en mercados e en internet. O director do instituto de Viós, Luis Freire lidera a iniciativa no centro co profesor de Ciencias Sociales, Balduino Montesinos. O grupo que desenvolverá a empresa, a que bautizaron como A galiña da Mariña, está integrado por unha ducia de alumnos que cursan a materia Taller de iniciativas emprendedoras. "Trátase de que os participantes aprendan de todo o proceso, pensen como sacar adiante cada fase adelante todos los aspectos e no futuro quen sabe se levar a empresa á realidade", apunta Freire. O centro subcontratou o galiñeiro aos pais dunha alumna que o teñen baleiro en Cullergondo e o pai doutro dos participantes encargase de alimentar ás galiñas cun penso especial.

O centro pedirá ao Concello de Abegondo -onde Freire é concelleiro de Educación- que lles doe un expositor de forma gratuita para vender na feira. E mesmo están en contacto con outro dos centros participantes -o CIFP Paseo das Pontes da Coruña- para sumistrarlle os produtos das galiñas como materia prima para os menús da súa empresa de catering.

En canto á distribución por internet, o director apunta que se fará a través dunha web webque venda durante pouco tempo para evitar que a demanda se propague ata onde non poidan abastecer. Para axudarlles neste proceso e pulir detalles como a fixación de prezos, marketing e distribución, membros da Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia (Acivega) e técnicos da Asociación Mariñas-Betanzos asesoraron aos integrantes de A galiña da Mariña.

Ademais destes proxectos de miniempresas o programa A Coruña Emprende 2 inclúe xornadas informativas para alumnos e docentes sobre emprendemento e complementase con visitas dos alumnos a empresas e entrevistas con empresarios da zona.

Nesta segunda edición do programa participan escolares e docentes de Primaria, Secundaria e Formación Profesional de 15 centros educativos da Coruña e a súa área metropolitana.