Os alumnos do IES Universidade Laboral de Culleredo é un dos catro centros que se educativos da Coruña e da súa área metropolitana seleccionados para formar parte do proxecto miniempresas de A Coruña Emprende 2. Tamén traballan nesta iniciativa, que busca fomentar a creación de empresas simuladas nas aulas, o CIFP Paseo das Pontes da Coruña, o IES de Viós de Abegondo e o IES Isaac Díaz Pardo de Sada. O proxecto de miniempresas é unha das novidades da segunda edición do programa coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, financiado pola Fundación Alcoa e no que colabora LA OPINIÓN. Con esta iniciativa os organizadores buscan fomentar a creación de empresas entre o alumnado, impulsar as metodoloxías aplicadas á educación emprendedora e potenciar as competencias persoais e profesionais do alumnado. Esta última é unha das principais motivacións polas que os responsables do IES Universidade Laboral de Culleredo animaron a que unha ducia de alumnos do ciclo de Formación Básica de Fabricación e Montaxe participasen na actividade. Co proxecto de empresa O noso 3D -cuia actividade principal é a fabricación e comercialización de complementos personalizados como chaveiros ou fundas de teléfono móbil- o centro busca "reenganchar" no sistema educativo ao alumnado que non finalizou a Educación Secundaria Obrigatoria e quere enfocar os seus estudos cara a Formación Profesional. O director do IES Universidade Laboral, Miguel Pena Rojas, destaca que coa simulación da empresa, os estudantes "con dificultades de integración no ámbito académico" adquiren unha actitude emprendedora ao mesmo tempo que estimulan a iniciativa e a creatividade. Ademais de deseñar e fabricar no taller do centro os complementos para a súa empresa, os alumnos tamén teñen que crear o logotipo, redactar os estatutos e encargarse das funcións do departamento de producción, comercial, financiación e recursos humanos aplicadas á súa idea como se tratase dun negocio real. O proxecto está na súa primeira fase e unha vez decidido o logo e o nome os participantes teñen que encargarse das tarefas de cada área. O deseño das pezas antes de construilas no taller realízase por ordenador e imprímense en 3D. Para poder deseñar os seus produtos os estudantes tiveron que aprender antes -apunta o director- conceptos de debuxo como a planta, o alzado ou o perfil.

Miguel Pena en que o alumnado de Formación Profesional Básica caracterízase pola falta de motivación de seis horas de clase como tiñan en ESO. Por iso, nos módulos que se imparten no centro se estimula esta motivación porque a metade da formación dase no taller. O director do centro considera ademais que iniciativas como os proxectos de miniempresas de A Coruña Emprende 2 son un estímulo para estes rapaces que "descobren capacidades súas que descoñecían".