19 de octubre de 2016
19.10.2016

Paso de Valverde e Xabier Díaz para un aniversario

A asociación Alexandre Bóveda celebra esta tarde os seus primeiros corenta anos de vida na cidade cunha gala de música e teatro no Rosalía

19.10.2016 | 02:10
Xosé Manuel Sánchez Rei e Isabel Risco, onte, na sede da entidade.

A agrupación Alexandre Bóveda cumpre corenta anos de compromiso coa lingua e a cultura galegas e, para festexalo, organiza hoxe unha gala de música, teatro e palabras. O festival comezará ás 20.00 horas, no teatro Rosalía de Castro, e a entrada é libre e gratuíta. "Hai que estar alí e cando abran as portas, pasar e sentar", comenta o presidente da entidade, Xosé Manuel Sánchez Rei, que di que a entidade pensa xa "de corenta en corenta anos" e que, aínda co paso do tempo, mantén vivos os seus ideais.

Nesta festa de aniversario participarán Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que interpretarán temas do seu traballo discográfico The tambourine man. Sobre o escenario estarán tamén os membros da compañía de teatro Paso de Valverde, que interpretarán pezas da súa obra Sánatos. Actuará tamén o acordeonista Alberte Núñez. A parte do "fío condutor" correrá ao cargo dos actores Isabel Risco e César Cambeiro. Sánchez Rei indica que, aínda que o de hoxe é o acto máis grande e visible, a entidade leva todo o ano festexando este corenta aniversario con actividades centradas na difusión da actividade cultural que se fai en Galicia e en galego, pasando desde a fotografía ao xadrez e da música ao teatro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine