18 de abril de 2017
18.04.2017
ÚLTIMA HORA
El IPC anual se sitúa en el 1,7% en noviembre, su nivel más bajo en 7 meses

Un filme para superar barreiras

O director Rubén Riós presenta a xira coruñesa de 'Vida', un produto audiovisual protagonizado por persoas con diversidade funcional

18.04.2017 | 00:54
Estíbaliz Veiga e Mónica Ferreiro no filme ´Vida´.

"Teño 36 anos, e é posible que non volva facer unha película destas características". Deste xeito comezaba onte o director Rubén Riós o anuncio do percorrido coruñés duns dos seus últimos traballos, a curtametraxe Vida e o documental sobre a rodaxe da mesma, Máis ca vida. Ambos proxectos, que colocan nos papeis protagonistas a dous actores noveis con diversidade funcional, comezarán esta semana un camiño por varios concellos da provincia, que terá como punto de partida o municipio de Ribeira. Os filmes, nos que tamén participan profesionais consolidados coma Estíbaliz Veiga, Cristina Castaño ou Javier Gutiérrez, perseguen o obxectivo de "visibilizar" o día a día de persoas con distintas capacidades", ofrecéndolles aos espectadores un prisma distinto co que observar as realidades deste tipo.

"Este é un proxecto que fai pensar, unha realidade que ás veces agochamos non porque sexamos malos, se non porque a nivel educacional non nos dan a posibilidade de vela dun xeito distinto", explicou Riós. Na súa crenza da importancia de chegar "á raíz, ao alumno e a todos os concellos", o director anunciou que levará, ao longo destes meses, os dous produtos audiovisuais á xente de Ribeira (21 de abril), Vedra (22 de abril), Padrón (5 de maio), Boqueixón (14 de maio) e Sada (21 de maio); unha empresa para a que contará coa axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña.

"Queremos que a xente sexa moito máis consciente da integración e da inclusión absolutamente necesaria en todas as facetas da vida, e unha delas é o medio audiovisual", afirmou a deputada de Cultura, Goretti Sanmartín, calificando o traballo de Riós como "un proxecto pioneiro" no que "as persoas con diversidade funcional plasman as súas dúbidas, problemas, interrogantes e desexos".

Nos filmes, estas persoas son Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez. Os actores con discapacidade intelectual emprenderon con Riós un proxecto de dous anos, nos que seguiron as mesmas técnicas que o ourensán empregou na súa carreira como actor: "Eu ía facer soamente unha curta, pero déronme unha auténtica lección de vida. Empecei a traballar con eles e fun atopando que, cando a xente lle dan tempo, consegue os seus obxectivos. Ás veces é un problema de tempo, de cariño. Eles teñen moitas cousas para dar, e iso é o que está neste proxecto", dixo Riós.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

LA OPINIÓN A CORUÑA te invita a disfrutar del partido que enfrentará, en el Estadio ABANCA Riazor, al Deportivo contra el Zaragoza este domingo a las 20.30.

esquelasfunerarias.es