16 de mayo de 2017
16.05.2017

O persoal dos museos científicos desconvoca a folga de mañá e do xoves

Tamén anulan a mobilización prevista ao dar un voto de confianza á promesa do Goberno local de mellorar as condicións do contrato

16.05.2017 | 22:11

O persoal dos Museos Científicos da Coruña decidiu esta tarde desconvocar as xornadas de folga previstas para mañá e pasado na Casa das Ciencias, a Domus e a Casa dos Peixes, así como a mobilización que fora anunciada para o xoves ás 20.00 horas. Un total de 29 empregados, dos 31 que están en nómina, respaldaron á tardiña en asemblea esta decisión dando un voto de confianza ao concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, que prometeu diversas melloras no prego de condicións do último contrato que saíu a concurso, como por exemplo o incremento da oferta económica.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es