Defínense como unha banda de hip hop combativo, inevitables son as comparacións con outras formacións, como Los Chikos del Maíz, polas súas letras e as súas bases, mais tamén teñen referencias doutros grupos e da súa historia. Non é verán de Estrella Damm conta cun vídeo que xa foi visto en máis de 24.000 ocasións en menos de quince días. O proxecto conta con imaxes da parroquia de Vilariño, no Concello de Cangas, tamén da Pobra do Caramiñal e dunha casa con piscina en Ourense. Este vídeo, así como a difusión do mesmo, forma parte do traballo fin de grao de Alicia Alonso, estudante de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, compañeira de clase dos membros de Ezetaerre.