30 de julio de 2017
30.07.2017
María Xosé Bravo | Exedil do BNG (2007-2015)

María Xosé Bravo, exedil do BNG (2007-2015): "Nunca deixei a política, os que somos militantes nunca a deixamos"

30.07.2017 | 02:33
A que fora concelleira do BNG no Goberno en coalición con PSOE e na oposición María Xosé Bravo no paseo marítimo, na zona de As Lagoas, onde vive. | víctor echave

O traballo diario como membro dun Goberno local e a dedicación parcial como concelleira na oposición polo BNG forman parte da bagaxe de María Xosé Bravo na Corporación municipal. No Executivo bipartito (2007-2011) foi a cuarta tenente da Alcaldía e colleu a carteira de Cultura e Museos, para ela "un soño". "Ter responsabilidades de goberno para facer políticas necesarias para a xente e para o que o país precise foi para mín como cumprir un soño", admite Bravo dous anos despois de perder o seu escano nas municipais que fixeron gañar a Marea Atlántica, cando o Bloque quedou reducido a un asento no salón de plenos.
"Fixemos un traballo moi riguroso do que me sinto moi orgullosa. Desde a miña área potenciamos a cultura galega e explotamos as diversas manifestacións culturais da cidade, unha área que o PP vampirizou despois", defende Bravo, quen lembra de boa gana, por exemplo, a apertura temporal da vella cárcere provincial do paseo marítimo para acoller distintos proxectos culturais.
A exconcelleira nacionalista da moita importancia a eses anos da súa vida, mais na xusta medida, como un paso máis no seu traballo e nas súas experiencias: "Se me preguntas se boto de menos aquelos anos, dígoche que en absoluto. Hai un momento para cada cousa e cada un ten que saber o que dura".
Bravo leva 35 años adicada ao Ensino, actividade á que voltou tras saír da Corporación. Foi mestra no Centro Público Integrado de Carral e é orientadora no instituto Zalaeta da cidade. "Nunca deixei a política, os militantes nunca a deixamos", matiza. Porque di estar activa "noutros escenarios" e forma parte do Consello Local do BNG.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Contenido Patrocinado


Finca Montesqueiro celebra su quinto aniversario con el anuncio de un nuevo local en el Cantón 23, que se sumará al de Perillo

La Finca estrenará novedades como un servicio de catering para empresas y particulares y cenas en formato table mapping


Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2019

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


esquelasfunerarias.es