28 de octubre de 2017
28.10.2017
DESCUBRE FDS

O folclore, das rúas á rede

Ardelloeixo presenta hoxe cunha foliada na praza José Sellier a súa páxina web, na que recolle vídeos tutoriais para aprender a bailar e tamén información sobre a música de raíz na cidade

28.10.2017 | 15:44
O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, no centro, con integrantes de Ardelloeixo.

Algo así como abrir un baúl e botar o todo o seu contido ao clareo e preparalo para unha nova vida, algo así fai a web Ardelloeixo.gal coa música de raíz na cidade. É un portal no que se recollen os espazos de fabricación de instrumentos, os bares e as actividades que teñen que ver co baile e a música tradicional, pero é taménor unha guía interactiva para coñecer algo máis sobre as músicas herdadas das avoas, da improvisación precisa para que descoñecidos de calquera esquina fmen unha roda e se entendan case sen falar, só co idioma universal das voltas, os paseos e os puntos.

A web naceu, segundo explicou onte o concelleiro de Culturas e, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, "para dar visibilidade e normalidade á música de raíz" xa que, na Coruña "está moito máis presente do que parece", pero faino co obxectivo de achegar un punto de vista comprometido e "acorde aos tempos" e metendo na ecuación a perspectiva de xénero e a diversidade. Este proxecto, que conta tamén con clases virtuais para os que queiran comezar a coñecer os ritmos e os pasos básicos do folclore galego, ofrece vídeos das asociacións que participan activamente co proxecto -Son D'Aquí, Xacarandaina e Donaire-, pero tamén información doutras entidades que, a diario, difunden o folclore galego desde as aulas da cidade, como Pandeireteiras Sen Fronteiros, Eidos, Aturuxo, Cántigas da Terra e Os Gaiteiriños. É, segundo Antonio Prado, de Donaire, "unha radiografía" da música tradicional na cidade pero vista desde varios enfoques. Para celebrar o nacemento deste proxecto, Ardelloeixo fará unha presentación informal hoxe, a partir das 13.00 horas, na praza José Sellier, aberta a todas as persoas que queiran participar, saiban ou non bailar e tocar. Os contidos da web están feitos polo colectivo Punto e Volta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine