Dicía Xurxo Souto que a Universidade da Coruña debería chamarse das Mariñas Douradas, porque así é o topónimo da parte do campus de Elviña onde se instalan as pistas deportivas, un nome que fala dun pasado húmido e cheo de paxaros que comen vermes e de sapos que nunca calan. Explica Cosme Damián Romay que había unhas tres hectáreas de brañas, de terreo húmido e que todo iso se perdeu coa construción do campus, aínda que confía en que queda marxe para mellorar o espazo. Debaixo das pistas aínda se escoita pasar o río e hai un tramo, amadriñado por Proxecto Ríos, que conseguiu salvarse do soterramento ao que se viron condenados outros regatos e outros ríos, como o Monelos, que corre canalizado por parte da cidade.

Para compensar esta perda, hai unha charca feitas no Campus da Zapateira, aínda que non están a dar os seus mellores resultados este ano, xa que a falta de choiva provocou a súa seca e non está habilitada a solución que propón a Universidade, que é achegarlle auga da traída desde a facultade de Filoloxía.