"Persoalmente creo que non se arranxan gran parte dos problemas dos que se queixan os veciños. Moitas queixas son puntuais, como pasos de peóns, papeleras ou o estado dunha árbore, e non é posible amañar todo. O teléfono 010 reorienta as peticións cidadáns. Propostas de participación, como é o Dillo ti, están ben, pero á hora da verdade eu non vexo moita participación dos veciños. Á nosa asociación, por exemplo, non se lle responden os escritos que envía ao Concello".