"Desde a asociación tramitamos as queixas dos veciños, que polo xeral son pequenas cousas: a necesidade dun banco, iluminación na súa rúa, o estado dunha beirarrúa... cousas particulares que lles facemos saber despois nós ao Concello. Hai problemas que se arranxan e outros que están como están, cando o que se trata é de facer un mantemento real. Eu pregúntome se o Goberno local atende ás pequenas cousas, porque se se deixan de facer arranxos iso é o que acaba pasando factura".