02 de marzo de 2018
02.03.2018
Xoán Vázquez Mao Secretario xeral do Eixo Atlántico

"Se as medidas son improvisadas, non sempre os fondos que se reciben son aproveitados"

"Para nós sería perfecto aprobar o plan de acción en febreiro de 2019 para que a maior parte dos partidos integrasen as medidas nos seus programas electorais"

02.03.2018 | 19:07
Xoán Vázquez Mao.

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, presentou onte, xunto ao alcalde, Xulio Ferreiro, o foro da entidade, que se celebrará este mes. Entre outras participantes, estará a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, para explicar o seu modelo de cidade.

- O 15 de marzo comeza o foro de lanzamento do plan de acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico, que farán neste acto?

-As cidades, coa saída da crise, están totalmente implicadas no día a día. Hai unha cousa que se facía antes da crise: pensar o modelo de cidade. Nós desde o Eixo Atlántico o que fixemos foi pensar a cidade en colectivo, como sistema urbano. É unha cidade virtual. Aplicamos o criterio da Unión Europea de "pensa en global, actúa en local". Fixemos unha axenda urbana, un documento de planificación das cidades, que foi lanzada pola Comisión Europea, de feito, a nosa é a primeira que se finaliza en toda Europa. Esta axenda fixémola con moitos expertos, debateuse e aprobouse en Braga, no mes de xullo. Agora, esa teoría ímola converter en realidade. O que imos facer na Coruña, convertir ese modelo de cidade en proxectos concretos que propoñerlles aos concellos en todos os ámbitos, mobilidade, creación de emprego, políticas sociais... E contamos con que estea rematado a finais deste ano. Queremos que sexa moi participado, así que, haberá un foro en internet para que, quen queira achegar ideas poida facelo e, despois, cada concello escollerá as que queira poñer en práctica.

- Que tipo de proxectos se poderían poñer en marcha en virtude deste acordo?

-Unha acción, por exemplo, pode ser crear unha administración que simplifique os trámites e que sexa áxil e que facilite a vida dos cidadáns utilizando as novas tecnoloxías. Os proxectos derivados de aí serán os que se fagan despois, por exemplo, aplicando, como se fai en Portugal, unha fiestra única, iso farase grazas a proxectos piloto, para testar se se poden aplicar, porque as medidas que funcionan na Coruña poden non facelo en Lugo ou en Monforte. Serán os concellos os que teñan que baixar ao detalle de cada proxecto de acordo coa súa casuística, porque son moi diferentes as escalas da costa e as do interior.

- E que prazos manexan para a posta en práctica de proxectos?

-Queremos rematar o documento a finais de ano para aprobalo na xunta xeral, que se celebrará en febreiro do ano que vén e que, a partir de aí, xa se comece a desenvolver en cada concello. Para nós sería perfecto facelo así para que, a maior parte dos partidos políticos integrasen as medidas nos seus programas electorais en España.

- De onde sairán os fondos para facer realidade esta teoría?

-As accións piloto cofinanciarémolas desde o eixo a través dos nosos fondos e, unha das virtudes do plan de acción é que respalda as medidas que poden optar a fondos, por exemplo, europeos. Ás veces, as cidades presentan candidaturas só porque hai aberta unha liña de fondos. O que queremos é que a candidatura que se presente sexa coherente para que o diñeiro que se consiga sexa un investimento. Se fas cousas sen pensar, o diñeiro que recibes, ao mellor, non se acaba aproveitando.

- Pasa moitas veces iso?

-Ás veces pasa, non sempre todos os fondos que se reciben son ben aproveitados.

- Por que?

-Porque hai veces nas que as medidas que se presentan son improvisadas. Se non están combinadas unhas accións con outras, non se lles saca toda a rendibilidade aos fondos que se lles podería obter.

- Neste foro haberá unha mesa de debate onde participan, entre outros rexedores, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau; o de Plasencia, Fernando Pizarro; e o de Guimarães, Domingos Bragança, falarán só de política ou tamén do que precisan os residentes nas súas cidades?

-Neste caso identificamos catro cidades que son modelos de referencia e que pertencen a partidos distintos pero que comparten que buscan o mellor para as súas cidades. O alcalde de Plasencia é do PP e fixo unha transformación da cidade espectacular, a alcaldesa de Barcelona ten un modelo de cidade que foi moi criticado pero ela foi valente e agora o tempo estálle a dar a razón, por exemplo, no caso da sobreexplotación turística. Foi a primeira que puxo este tema sobre a mesa e, cando empezou a paralizar licenzas de hoteis, ninguén a entendía, pero estase vendo que é un problema para moitas cidades, porque unha cousa é ao turismo como elemento de desenvolvemento e outra a sobreexplotación turística. Braga é unha cidade de referencia en Portugal e Guimarães é patrimonio da humanidade e ten un proceso de rexeneración espectacular.

- O de "buscar o mellor para as súas cidades" é subxectivo, hai quen critica as políticas que se desenvolven nestes concellos.

-Para iso está o debate e para iso os traemos.

- Pero se a axenda é común para todos os concellos, como van elexir as propostas a poñer en marcha se, dependendo do partido que goberne pode ser vista como moi boa ou moi mala?

-Por iso o catálogo é participado, para que todo o que se faga se rexa polos criterios do territorio. Estamos de acordo en que todos precisamos mellorar a mobilidade, se uns defende un modelo de tren e outros, outro, aí xa é cousa de cadaquén. Isto non é cousa duns meses, necesítanse moitos cambios, empezando polo software e pasando pola mentalidade dos funcionarios porque non podes ter un concello moderno se tes xente que non cre nas novas tecnoloxías.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
El próximo lunes, a las 21.00, se disputa el Deportivo - Granada y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es