11 de marzo de 2018
11.03.2018

Alberte Fernández, expresidente de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules: "Necesítase unha reforma das liñas e do tecido urbano"

Propuestas para el nuevo plan de movilidad

11.03.2018 | 12:52
Alberte Fernández, expresidente de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules: "Necesítase unha reforma das liñas e do tecido urbano"

O expresidente da asociación veciñal Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, Alberte Fernández, explica que, a entidade sempre reivindicou a mellora da mobilidade na cidade e na área metropolitana. A entidade critica que aínda no se lles presentase o plan e teme que os prazos que marca o Concello non se axusten á realidade. "No 2016, o concelleiro de Mobilidade Sostible díxonos que estaba a facer un plan propio, agora hai outro, pero que está aberto a recibir achegas dos veciños. É un plan feito e modificable?", pregúntase Fernández, que considera que se necesita unha reforma moi profunda non só das liñas de bus senón tamén do tecido urbano. "Vai rematar o mandato e non fixeron nada e, agora, quéreno facer todo de golpe e, á xente maior vaille custar afacerse", explica Fernández.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es