A Audiencia decretou a absolución dos dous policías locais acusados de "extralimitarse no uso da forza para proceder ao arresto" dun home o 28 de xuño de 2014 na rúa Cidade de Lugo. O tribunal considera que non foi acreditado que os axentes golpeasen a cabeza do arrestado contra a parede. O 092 foi requirido porque unha veciña se queixaba das molestias que lle estaba ocasionando o procesado, polo que os axentes lle pediron que se identificase. O imputado opúxose e golpeou a un dos funcionarios no brazo e no peito e mordeu a outro dos policías no antebrazo esquerdo. Foi condenado a sete meses de cárcere e a pagar 1.920 euros de multa, así como a indemnizar aos policías con 3.320 euros polas lesións e as secuelas.