17 de mayo de 2018
17.05.2018

Que facer hoxe na Coruña? Axenda de ocio do 17 de maio

Exposicións, concertos, cine, teatro... Consulta a axenda cultural do día na cidade

17.05.2018 | 13:03
O karnix é unha trompeta de guerra celta de tres metros de lonxitude e que sona como as sereas, os delfíns e o mar. A corna é un corno dun macho de cabra de forte son.

´Agua, azucarillos y aguardiente´
19.00 h. O grupo de teatro Tanxedoira representa hoxe no centro social da Sagrada Familia a obra Agua, azucarillos y aguardiente, dentro do ciclo das fogueiras.
Centro social de la Sagrada Familia
Sagrada Familia, 26

Fran Mariscal e Ferrán Exceso, en BâBâ Bar
21.30 h. Fran Mariscal e Ferrán Exceso tocan esta noite no BâBâ Bar para presentaren o seu primeiro traballo discográfico, Sálvese quien pueda.
BâBâ Bar
José Luis Pérez Cepeda, 23

Sons de hai máis de 2.000 anos
20.00 h. Abraham Cupeiro subirá hoxe ao escenario para interpretar Os sons esquecidos, no que mestura unha orquestra moderna con instrumentos de épocas antigas.
Teatro Colón
A Mariña, 7 A

Rafalides e Somoza, no Garufa Club
22.00 h. Christos Rafalides, co vibráfono, Roberto Somoza, co saxofón, e Risto Vuolanne co contrabaixo tocarán esta noite no Garfua Club. Entrada: 8 euros.
Garufa Club
Riazor, 5

Moonshine Wagon, na sala Mardi Gras
21.45 h. Moonshine Wagon leva o seu estilo punk e folk á sala Mardi Gras, logo da súa xira Porca Miseria. Entradas no despacho de billetas: 10 euros.
Mardi Gras
Travesía da Torre, 8

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine