Representante de máis de vinte cidades participan na Fundación Barrié dende onte e ata mañá no simposio Horizon 2020 European Dialogue and Clustering action. Transforming cities enhancing willbeing: innovating with nature-based solutions. Arredor de 160 expertos en infraestruturas verdes interveñen nesta cita, en cuxa inauguración o alcalde, Xulio Ferreiro salientou o papel das cidades no uso racional dos recursos naturais e no desenvolvemento de proxectos baseados na natureza para contrarrestar os efectos adversos da contaminación e do cambio climático. "A Coruña xa está seguindo ese camiño", dixo o alcalde, quen mencionou actuacións municipais como o Plan de Infraestrutura Verde para conectar as áreas verdes da cidade e participación no proxecto Connecting Nature xunto co 10 cidades europeas, grupos de investigación, ONG e industrias para afrontar desafíos ambientais.