O Concello abriu o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que queiran participar na decimo quinta edición do concurso de Tapas Picadillo. Este ano, o certame adianta a súa celebración e esta terá lugar entre os días 1 e 16 de setembro.

O concurso, que aposta pola gastronomía local e os produtos frescos, premia as mellores tapas elaboradas polos locais participantes a través da votación dun xurado e do público. Como novidade este ano, que coincide cos cen anos do falecemento do exalcade Manuel María Puga e Parga que da nome o certame, entregarase o Premio Picadillo Especial Centenario.

Os locais de hostalería poden realizar as súas inscricións a través da páxina web tapaspicadillo.es ata o 30 de maio. Haberá catro categorías nas que participar: tapas creativa, tradicional, cidade da Coruña e maridaxe. Na edición anterior, os gañadores foron o Cúrcuma e o Eclectic.