17 de mayo de 2018
17.05.2018

O concurso Tapas Picadillo, que será en setembro, abre o seu prazo de inscripción

Como novidade este ano, o certame contará co Premio Especial Centenario

17.05.2018 | 01:16

O Concello abriu o prazo de inscrición para os establecementos de hostalería que queiran participar na decimo quinta edición do concurso de Tapas Picadillo. Este ano, o certame adianta a súa celebración e esta terá lugar entre os días 1 e 16 de setembro.

O concurso, que aposta pola gastronomía local e os produtos frescos, premia as mellores tapas elaboradas polos locais participantes a través da votación dun xurado e do público. Como novidade este ano, que coincide cos cen anos do falecemento do exalcade Manuel María Puga e Parga que da nome o certame, entregarase o Premio Picadillo Especial Centenario.

Os locais de hostalería poden realizar as súas inscricións a través da páxina web tapaspicadillo.es ata o 30 de maio. Haberá catro categorías nas que participar: tapas creativa, tradicional, cidade da Coruña e maridaxe. Na edición anterior, os gañadores foron o Cúrcuma e o Eclectic.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine