17 de mayo de 2018
17.05.2018

Obxectivo: cero lixo en San Xoán

Os participantes do programa 'Móllate' farán vídeos, programas de radio e accións na rúa para concienciar sobre o medio ambiente

17.05.2018 | 01:16
Participantes do programa ´Móllate´, onte na súa reunión.

Oito centros educativos da cidade participan na nova edición do programa Móllate, que nace co obxectivo de concienciar sobre o medio ambiente e diminuír o lixo nas praias na noite de San Xoán.

Alumnos de Sardiñeira, Tomás Barros, Ánxel Casal, Eusebio da Garda, Calasancias, Fernando Wirtz, Nebrija e membros da Fundación Érguete farán vídeos, programas de radio e accións na rúa para levar esta mensaxe de sensibilización a toda a sociedade.

Entre os actos programados, destaca a construción con lixo dun cachalote xigante. Ademais, algúns monumentos da cidade aparecerán plastificados e unha furgoneta surfeira recorrerá os barrios días antes de San Xoán para avisar da importancia de non tirar cousas ao mar. Un dos retos para o próximo 23 de xuño é eliminar os palés dos areais, xa que deixan moitos cravos que supoñen un perigo.

O alcalde, Xulio Ferreiro, que visitou onte os participantes de Móllate, considera que é "importante enfocar este tema dende a xente xove" porque se trata "dunha xeración concienciada cos problemas ambientais".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es